domingo, 1 de enero de 2012

PR-G 98 Canón do Sil- Santa Cristina


Lugar: Parada de Sil
Distancia: 17 km
Duración: 5 horas
Dificultade: Alta
Circular: Sí

Más info: 




Saída da Praza do Barquilleiro de Parada de Sil hacia o E. e saíndo pola rúa da dereita que nos leva ata a estrada (1) que non pisamos, seguindo á esquerda collemos un camiño a Sardela, cruzamos a praza do pobo, (2) para saír polo fondo á esquerda, seguimos por un camiño sempre de fronte ata chegar a estrada, a 40m á dereita,(3) saímonos pola esquerda collendo o camiño da dereita a Entrambosrios, entre soutos de castiñeiros e carballeiras, cruzamos o regato de Os Fíos, cruzamos o pobo, antes de pasar o regato do Batan temos na dereita 2 muíños, a uns 200m. (4) saímonos pola esquerda deixado o camiño que vai Chandrexa (GR-56) baixamos uns 100m cruzamos outra ponte sobre o Batan ( onde se xunta o Dos Fiós) o sendeiro vai pegado o regato pola marxe esquerda que nos leva a pista de Rabacallos, un pouco antes tomamos (5) un sendeiro á esquerda ( á dereita desvío a Rabacallos moi interesante a súa arquitectura popular e unhas boas vistas do Canón do Sil e aquí onde escomenza o canón propiamente). 
O sendeiro sube por uns soutos ata chegar as viñas da Sapeira por unha carrioza (sendeiro estreito entre dúas parades) ata a pista deixando á dereita as adegas de S. Victoiro continuamos uns 100m. (6) e collemos un sendeiro á dereita polas viñas da Mancoña e preto a unha adega (7) á esquerda atopamos a pista do Farfaleiro rodeada de castiñeiros ata que collemos pola esquerda (8) o antigo sendeiro do Rego do Coto, que para salvar o desnivel vai en cis, zas rodeado de castiñeiros, carballizas, frutais bravos, albedros e apreciaremos as pousas que se usaban para pousar os cestos das uvas,(9) chegamos a pista que vai Os Torgas, pasamos perto do pico Rego do Coto, moi boas vistas, entre outeiros de uces e carballizas ata os soutos de castiñeiros,(10) onde deixamos a pista pola esquerda por unha carrioza moi estreita ata o camiño de Fondodevila (fonte, forno - sequeiro), aquí temos 2 opcións á esquerda cruzando o pobo e por un camiño a Parada é o enlace do bucle. 
11) A dereita un camiño entre soutos e pasando por Cudicán lugar dunha casa, chegamos á dereita Os Torgas, cruzamos o parking saíndo pola dereita, (12) e seguindo ha pista que bordea o campo de fútbol, onde podemos ver o Pozo do Lobo (trampa para cazalo), 2 miradoiros do canón o Curral do Penso e Os Balcóns dos Mouros (de Madrid), desnivel de 400m. do río,(13) logo xiramos á dereita pola pista ata un desvío (14) á esquerda que non collemos (vai a Portela), agora a pista transcorre entre carballos ata un claro,(15) a 200m. o miradoiro O Fental, se aprecia o desnivel dos outros miradoiros. Seguimos ata o regato Dos Gavias, (16) uns metros antes temos o miradoiro As Fontiñas, a fervenza O Pozo da Ovella, cruzámolo e monte a través, pasamos por xunto a unhas grandes rochas chamadas Pena da Moura neste traxecto ata a zona chan vamos disfrutando da vista de todo o canón; atravésamos hacia o Sur ata a pista ( que foi a que deixamos antes) (17) aquí xa é camiño empedrado a Portela 
 (18) Cruzamos o regato de Portela, (sen entrar en Portela), mesmo a saída collemos á dereita e pegados a canalización e restos dun muíño, escomenza un sendeiro de baixada en cis zas moi bonito, rodeado de moroteiras ( albedros), de castiñeiros, (19) a 700m. o miradoiro de A Galiña cunha fermosa vista do Canón e do campanario do mosteiro de Santa Cristina, pasamos por uns sequeiros -cabanas de pedra onde se secan as castañas- (castañas pilongas),(20) atravesamos o regato de Castro empezamos a subida pasando xunto uns sequeiros e chegamos (21) o cruce do sendeiro que nos leva á dereita (350m) o Mosteiro de Santa Cristina, unha Xoia do Románico da Ribeira Sacra. 
A esquerda a subida a Castro,(22) cruzamos a estrada (na zona do Alto da Cruz) e uns metros máis adiante subimos uns escanos para seguir polo sendeiro de  Castro, antes disfrutamos dunha carrioza entre soutos.
 (23) En Castro a 400m o miradoiro A Pena da Cividade, impresionante vista da curva mais representativas do Canón e os regatos de O Furado e Das Trabancas. Atravesamos a ponte do regato de Castro (24) os 100m. saímonos pola dereita por o camiño de Caxide, e na zona As Carballeiras das Corredoiras, con grandes carballos,(25) aquí e collemos pola esquerda o camiño a Chamoso, atravesamos o regato de Chamoso (de Portela), seguimos o camiño desviamonos (26) a Chamoso (en ruinas) cruzámolo, e logo de cruzar a estrada a Castro collemos un camiño que nos leva o comunal de O Candedo onde collemos (27) un camiño de carro que nos leva a través de lameiros, tapadas, soutos de castiñeiros e logo lameiros ata O Pontón e xa entramos en Parada, que nos leva a praza do Barquilleriro, 19,1Km. 
Si se fai en 2 bucles a unión son 650m. Saíndo de fronte da Praza do Barquilleiro, (28) 1º cruce á esquerda para baixo, na estrada á dereita e na última casa saíndo (29) uns metros de fronte por un camiño a Fondodevila, na fonte enlazamos co camiño de Cudicán

No hay comentarios:

Publicar un comentario