sábado, 11 de diciembre de 2010

Ruta dos socalcos de Aranza ao encoro de Eiras

Lugar: Soutomaior
Distancia: 15,6 km
Duración: 5 h
Dificultade: Baja
Circular: SI

ste roteiro non sinalizado ímolo comezar na ponte de Aranza, sobre o río Oitavén, un punto desde o que vemos os fermosos vales que forman este río e máis o seu tributario, o río Pequeno.
Seguimos pola cunca do río Pequeno por un camiño que nos permite gozar da beleza das aldeas de Aranza e Aranciña, penduradas a media aba entre socalcos de terras de labor.
Atravesamos o río por unhas vellas poldras, hoxe xa en desuso e subimos polos socalcos ata acadar Zopillo e Aranciña. Logo da subida chegamos a traza da traída de augas que desde o encoro de Eiras abastece a Vigo, nun punto onde tamén hai un depósito para o abastecemento deste núcleo rural.
Abandonamos o conduto e subindo collemos o primeiro camiño a esquerda, que vai paralelo ao sendeiro de longo percorrido GR-58, co que se xuntará un pouco antes de chegar a Calvos que é unha fermosísima aldea que coñeceremos camiñando polas súas corredoiras, entre valados de pedra que delimitan os predios.
Baixamos ata a cabeceira do encoro de Eiras e seguimos o curso do río Oitavén polo cómodo camiño habilitado pola construción do conduto das augas a Vigo. Só temos que ver a nosa dereita o encaixado canón do río.
No cruzamento de novo co GR-58, seguímolo só durante uns poucos metros, xa que nós desviámonos a dereita polas congostras que nos levan ata Aranza, e desde aquí volvemos ao punto de comezo, na ponte de Aranza.


1 comentario: