martes, 1 de junio de 2010

Tras os pasos do Río Barbeira



Tras os pasos do Río Barbeira | Ruta da Liberdade
Lugar: A Lama
Distancia: 20 km
Duración: 6 h
Dificultade: Baja
Circular: SI

Os internos do Centro Penitenciario A Lama , en colaboración ca asociación ecoloxista tras-los pasos de rio Barbeira está levando a cabo a limpeza de camiños e monumentos que darán lugar a recuperar uns espazos naturaís e crear unha ruta de sendeirismo. Os impulsores son Daniel (veciño de verdugo, parroquia de escuadara e Chema (monitor ocupacional do centro
A fmalidade de esta ruta ten como obxectivos recuprerar os caminos de tránsito que ocupan as ribeiras do río Barbeira e ó mesmo tempo dar solución as necesidades que ten esta zona dunha oferta de lecer en plena natureza , e así dar a cofiecer as ricas e históricas construccións que acompañan o discorrer de este río (pontes medievais, rnuiños, petos de ánimas, cápelas, foxo de lobos...).
É importante destacar que se pretende implicar as xentes non so do entorno, non so as ribeireñas, senón tamén a aquelas que estén comprometidas co medio ambiente e queiran facer algo útil por él.
Dado os lempos nos que andamos sería un éxito lograr a participación cidadá para un proxecto coma éste, e serviría de escola para as xeracións que non teñen canecido o pasado mais recente e que non ten nada que ver co progreso no que vivimos actualmente.

PERCORRIDO
Nun principio este itinerario vai ser lineal, con saída no lugar do Verdugo e con chegada no lugar de Barbeira, na cápela de Nosa Señora de Lourdes. O tempo estimado necesario para completar a ruta é de entre tres e catro horas.
Existe a posibilidade de que sexa circular, é dicir, que comece e remate no mesmo lugar, O Verdugo. Para iso deberá ter continuidade desde Barbeira ata Sta. Marina, logo a Covelo, Vincurada, Carrizans, O Peso e O Verdugo. Estaríamos a falar dunha ruta que sería necesario a disposición de maior tempo para a súa construcción e tamén logo para o seu percorrido, mais de seis horas.

DENOMINACIÓN
A ruta vai acompañando o cauce do río Barbeira desde o seu final, na confluencia co río Verdugo, ata o lugar do Cabanifio xa en Barbeira, de ai que a súa denominación sexa Tra-los pasos do río Barbeira.
A segunda denominación, ruta da liberdade., ven dada pola posibilidade de que internos do Centro Penitenciario da Lama tomen parte na realización da ruta e complementen así a labor de terapia e integración que levan a cabo no centro, servindolles para entrar en contacto de novo coa liberdade.

LOCALIZACION
Transcorre esta ruta polo Concello da Lama, na parroquia de Escuadra, pasando por Verdugo, O Peso, As Chozas, San Lorenzo, e Barbeira.
Tamén entra no Concello de Cotobade, na parroquia de Valongo, fronte ó Crego para chegar ó Foxo do lobo.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1346190

No hay comentarios:

Publicar un comentario