domingo, 31 de enero de 2010

Sendas de Catasós


RUTA:Sendas de Catasós.
CONCELLO: Lalin.
DISTANCIA:14.3Km.
DURACION:4 horas.
DIFICULTAD:Baja.

Catasós é unha das parroquias máis grandes do concello de Lalín. Nesta ruta de sendeirismo pasaremos por varios dos seus lugares, destacando pola súa beleza os soutos de Cardiego e a carballeira de Quiroga. Pasaremos preto do Pazo de Don Freán, por igrexas, muiños, cruceiros e outras mostras de arquitectura popular.
Partimos sunto da placa que sinala o quilómetro cero de Galicia. A nosa esquerda queda a praza da igrexa. Subimos pola rúa Xoaquín Loriga, a avenida de Bos Aires e chegamos a rotonda de Fenosa. Facemos uns metros pola nacional 525 en sentido Ourense e desviámonos á dereita pola pista que leva a Moneixas.
En seguida nos botamos aos camiños. As primeiras sendas lévannos o lugar de Regoufe. Viramos a esquerda a altura do lavadoiro cara a Cobás. Pasamos de refilón por este lugar e baixamos cara o río. Adentrámonos no fermoso souto de castiñeiros de Cardiego, dentro xa da parroquia de Catasós.
O camiño, tras un xiro a esquerda, segue en ascenso pola carballeira de Cardiego ata chegar o lugar de Antuín, quilómetro catro do percorrido. No souto medran castiñeiros e carballos e habita unha fauna variada. No outono medran as setas e convírtese o souto nun pequeño paraíso micolóxico.
Chegamos o lugar de Antuín e atopamos unha encrucillada. Continuaremos por unha pista asfaltada collendo a dereita subindo ata o lugar de Catasós onde hai un cruceiro con mesa de pedra e baixando polo lugar topamos a igrexa parroquial adicada a Santiago.
Saimos do centro da parroquia e baixamos cara o lugar da Cabreira. Atravesaremos a nacional 525 de lado a lado. Continuamos por un camiño que nos leva cara o monte. O chegar a unha encrucillada tomamos un ramal a esquerda e baixaremos o centro da carballeira de Quiroga, un auténtico monumento natural.
No souto de Quiroga poderemos admirar exemplares de castiñeiro de máis de douscentos anos. Algún exemplar perdeuse tralo paso do furacán Hortensia hai algúns anos e os seus restos están expostos. A Xunta de Galicia adquiriu recentemente o souto e esperamos que esto sirva para a súa conservación.
Saimos da carballeira de Quiroga e continuamos por un camiño que a rodea. Atopamos os restos dun muiño. Subimos un tramo, desviamonos a esquerda por unha senda estreita. Pasamos o rego de Quintela. Collemos a dereita entre prados e logo a esquerda polo Agro de Curros. O camiño sube entre arboledas.
Collemos un ramal a esquerda e chegamos a Belelle. No centro do lugar hai unha pequena capela. Seguimos entre as fincas cara a Celemín. Pasamos por entre as suas casas de aldea. Dende alí seguimos ata o lugar de Don Freán. Alí está un fermoso Pazo, que se construiu na primeira metade do século XVII.
Seguimos agora xa por pistas asfaltadas ata o lugar de Outeiro e baixamos pouco a pouco novamente ata a vila de Lalín. Vemos un cruceiro e unha igrexa románica que
data do século XII. Baixamos polas rúas de Lalín ata a praza da igrexa, e voltando o quilómetro cero, que foi o noso punto de partida.

3 comentarios:

  1. Hola, mi nombre es Toni Ibañez. Enhorabuena por vuestro blog. Me gustaría saber si recordais si esta ruta esta bien señalizada y si hay que pasar por medio de todos esos núcleos urbanos que aparecen en el mapa. Nos gustaría patear esta ruta en Marzo.Gracias y un saludo.
    Os dejo un enlace a mi blog por si quereis verlo www://caminandoporgalicia.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Hola Toni, disculpa el retraso, la ruta no está señalizada, como mucho te encontrarás alguna flecha azul y lo de los nucleos urbanos, sí recuerdo pasar por alguno. Aunque la informacion es poca, espero que te pueda servir de ayuda. Un saludo

    ResponderEliminar
  3. Hola Jose, si me has ayudado, gracias. Disfrutar la ruta do Sabriña el Domingo. Nosotros en principio nos vamos a Cotobade.
    Un saludo y hasta otra.

    ResponderEliminar