martes, 5 de enero de 2010

Muiños de Freaza e Montes de Gargamala

Lugar: Xunqueiras
Distancia: 17 km
Duración: 5 h
Dificultade: Media
Circular: SI

Comezamos a camiñar en Freaza, lugar pertencente ao concello de Fornelos de Montes e dirixímonos aos muiños de Freaza, restaurados pola comunidade de montes de Traspielas. Veremos os muiños de Agosto, do Cubo e do Medio, todos eles da tipoloxía de muiños de cubo.
Seguimos polo val do río Freaza ou Barragán (ten eses dous nomes) cara ao seu nacedeiro por unha zona onde é doado var greas de cabalos entre praderías.
Chegamos a un corto treito de poucos metros en común co sendeiro Muiños de Gargamala e, xa no concello de Mondariz, encontrámosnos cos petróglifos de Gargamala de diferentes tipos: cruciformes, circulares, ferratiformes, reticulados, ballestas, zoomorfos, formas humanas e coviñas.
Perto de aquí está tamén o foxo do lobo de Gargamala, que veremos. Os foxos son construccións tradicionais adicadas a captura do lobo que constan de muros de pedra en forma de funil, que na súa parte máis estreita teñen un burato de grande altura para impedir que o animal poida sair. Os veciños organizábanse en grupos para asustar ao lobo facendo barullo. Dirixíanno cara ao foxo, onde finalmente caía e era sacrificado.
Seguimos ascendendo cara aos montes de Traspielas, de novo en Fornelos de Montes e pasamos por un bidueiral e por unha canteira de pedra do país.
En continuo descenso imos cara a Freaza, punto de comezo e remate da ruta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario