domingo, 18 de octubre de 2009

Ruta dos Arrieros (lineal)


  • Punto de partida/chegada: Comeza na parroquia de Forzáns (Ponte Caldelas) e remata na parroquia de Marcón (Pontevedra).
  • Lonxitude: Ruta lineal de 18 kilómetros.
  • Modalidades: Pode realizarse tanto a pé, como a cabalo ou en bicicleta.
  • Duración: O tempo aproximado é de 5 horas e media a pé, 5 horas a cabalo e catro e media no caso de facelo en bicicleta.
  • Dificultade: Baixa, aínda que debe terse en conta que unha parte importante do trazado discorre por asfalto.

Historia
Este camiño ten unha gran importancia histórica posto que era a antiga vía de comunicación e de intercambio comercial entre Pontevedra e Ribadavia. Era utilizado dende o século XV para transportar o viño de Ribadavia a Pontevedra para ser posteriormente comercializado a Biscaia e á Bretaña Francesa. Por este camiño andaban os arrieiros, que eran os encargados de transportar o viño en recuas de mulas.

Descrición
O sendeiro comeza por unha pista de terra, cruzando a estrada xeral C-531, que ven dende Porto, no concello de A Lama. Cóllese o camiño que pasa polo lugar de Feira, ata chegar á Esfarrapada. Dende aquí cóllese a pista que vai polo medio desta parroquia e leva O Coto, para seguir despois ata A Costa. Da Costa baixase ata Os Pazos ata a estrada xeral C-531. Continúase ata chegar a Ponte Caldelas. Dende aquí séguese por Cuñas cruzando unha zona de agro e monte ata chegar a estrada vella de Tourón. Crúzase de novo a estrada xeral e continúase po run camiño de terra entre unhas fincas que nos levan a Buchabad. O chegar alí, continúase por unha estrada asfaltada polo medio da parroquia ata a estrada C-531 e cóllese un tramo ata Vilarchán, onde o camiño continúa pola estrada vella ata voltar de novo á estrada xeral. Crúzase esta estrada e continuamos ata Reigosa, polo antigo camiño real. O camiño pasa por detrás do polígono industrial e vai ata a Ermida. Dende a Ermida o camiño discorre ata Marcón, o final da ruta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario