martes, 24 de marzo de 2009

Roteiro Etnográfico do Río Xabriña (Co

Roteiro Etnográfico do Río Xabriña (Covelo)
Lugar: Paraños (circular)
Distancia: 17,7 km
Duración: 5 h
Dificultade: media

Este roteiro promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños e que vai buscando o nacedeiro do río Xabriña é un dos que eu recomendaría facer. Case estou completamente seguro de que vos vai gustar.
Comeza na praciña de Portacortiñas, na parroquia de Paraños (concello de Covelo), a poucos metros da carretera N-120 e coincide aquí co Vieiro da Franqueira.
Logo de pasar polo cruceiro e a igrexa, imos xa cara ó río Xabriña ata acadar o muíño do Fundego e logo cruzamos a outra beira por unha ponte de madeira.
Topámonos coa Fonte da Fame que verte directamente ao río e comeza unha sucesión de muíños: das Meledas, de Paquito, de Rita e do Outeiro e no área de lecer esta o muiño da Ponte.
Camiñamos agora a certa distancia do Xabriña ao longo dunha levada e as augas do río corren rápidas nalgúns puntos. Despois de deixar atrás a pontella das Tapadas, chegamos ao Pozo do Demo, onde cae a auga logo de vir nun río encañonado. A vexetación de ribeira segue sendo exultante.
Espéranos a ponte de Portaseixas e despois unhas poldras que usábanse para vadear o río Xabriña. Ao chegar ao río Azal, seguímolo e nos mergullamos na fraga das Millariñas e vendo unha fervenza segue outra fraga: a de Chozas. A arboreda fáise densa e sequimos a procura do nacedeiro do Xabriña.
Pasamos por outros rápidos e outras poldras e máis muíños: da Veiga e da Costa. No está lonxe a aldea de Prado da Canda con seu peto da Virxe do Rosario, seu cruceiro e igrexa. Seguimos atopando fontes, hai máis de dez no percorrido. A vindeira aldea é Corzos, onde temos unha ermida e un peto pegado a ela.
Buscamos as ribeiras do río Xabriña e aí están os muíños do Codesal, das Veigas e das Ovellas.
Outra aldea: Currelos e a seguinte xa é A Lamosa, onde nace o río. Bordeamos o campo da festa para ver unhas casas de pedra abandonadas e comezamos a descender.
Pasamos por camiños fondos, con moitos carballos nas súas beiras de muros de pedra cobertos de carriza, para chegar unha vez máis ao río Xabriña que agora percorremos pola outra marxe. Enfrente vemos a maxestuosa fraga de Chozas.
Camiñamos ao carón da Levada do Lugar (non é unha de Madeira, pero pareceo) e pasamos pola outra beira do ruidoso Pozo de Demo e outra vez estamos a beira da Levada do Lugar.
Paraños agárdanos para rematar a ruta alí onde comezamos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario