martes, 25 de marzo de 2008

PR-G 90. Río Grande-Río Beluso


Datos técnicos:
Lugar: Boiro
Distancia: 13 km
Duración: 4 h
Dificultade: media-baixa
Inicio: Capela de San Ramón (Bealo)

A ruta comenza no pobo de Bealo, a carón da Capela de San Ramón, onde tamén se poden ver diferentes petroglifos como é o Petroglifo da Serpe e disfrutar da área de descanso.
Discurrindo a beira do Río Grande, chégase aos Muíños de Brea, recentemente restarurados.
A marcha continúa cara o Monte de San Ramón o longo do Río Beluso acampoñados pola vexetación típica de ribeira: bidueiros, freixos, arandos, espiños…
No camiño pódese disfrutar de ermitas, cruceiros e numerosos muíños que actualmente están en estado ruinoso.
No cumio do Monte de San Ramón pódese facer unha parada para deleitarse coas fermosas vistas da Ría de Arousa antes de comenzalo descenso cara o punto de remate.

1 comentario:

  1. decirme a que hora quedais y donde, porfi flises

    ResponderEliminar